publicidade hoxe

Rey Varela continúa recibindo aos alcaldes galegos para planificar a estratexia social dos próximos anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAvión
A-
A+
Rey Varela na reunión co alcalde de Avión.

Rey Varela na reunión co alcalde de Avión.

A Consellería de Política Social afonda na liña de reunións cos alcaldes galegos co obxectivo de mellorar a atención social e de servizos que reciben os cidadáns nos seus respectivos concellos a través da optimización dos recursos locais e autonómicos de ambas institucións.

Deste xeito, o Goberno galego e as entidades locais adquiren o compromiso de buscar conxuntamente unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse co alcalde do municipio de Avión, Antonio Montero Fernández.

Na xuntanza, que tivo lugar nas dependencias de San Caetano, conselleiro e alcalde acordaron continuar coa cooperación emprendida entre as dúas institucións que beneficia a todos os colectivos da sociedade. Deste xeito, mantense o financiamento dos servizos sociais no concello a través do Plan Concertado, así como o número de horas no Servizo de Axuda no Fogar Dependencia que ascenden a 6.876 horas ao ano. Así mesmo, o titular autonómico lembrou a achega económica da Xunta de Galicia ao Punto de Atención á infancia “Ruliños”, que supera os 4.600 euros. Por outra banda, Rey Varela e Montero Fernández apuntaron cara posibles novas vías de colaboración.

17 de xaneiro de 2017 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.