publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Nidia Arévalo asegura que falou con Caballero “moitas veces e agora non é tempo de falar senón de cumplir a lei e os convenios asinados”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMos
A-
A+

A alcladesa de Mos, Nidia Arévalo, asiste asombrada e indignada ao espectáculo esperpéntico que está a protagonizar o rexedor vigués, Abel Caballero, respecto do transporte metropolitano.

Na reunión que a Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS, mantivo onte con Caballero; este aproveitou a ocasión para continuar a súa política de confrontación asegurando que non pode falar con Arévalo “porque no está en el Área”.

Neste sentido a alcaldesa mosense pídelle ao seu homólogo vigués seriedade. “Falei con el non unha vez senón moitas e é el quen ten na súa man, e sempre a tivo, a opción de reconducir esta situación asumindo o que prometeu”, asegura Nidia Arévalo.

Así mesmo a rexedora local de Mos insta a Abel Caballero a “que deixe de mentir e de tomarlle o pelo á cidadanía coas súas tretas de manipulación e engano” e lémbralle que “ademais fun eu a que lle pedín antes de chegar a este punto de non retorno que nos sentásemos e rompésemos a baralla para tratar de chegar a un consenso polo ven común e vostede negouse”.

Por iso Nidia Arévalo é moi clara sentenciando que “agora non é tempo de falar senón de cumplir coa lei e co asinado en aras de que tódolos cidadáns da Área Metropolitana teñan os mesmos dereitos”. “Sabemos que a vostede este ambiente de confrontación lle ven moi ben, Señor Caballero, é precisamente o que quería e o que buscaba; está demostrando que a Área lle importa moi pouco, máis ven nada, o único que lle interesa é confrontar para ter repercusión pública e mediática, estar constantemente presente na prensa é o seu único obxectivo”.

Caso omiso parece que lle fixo onte o rexedor olívico aos empresarios de Mos, quenes lle pediron que dese prioridade ao sentido común e ao benestar de tódolos veciños da Área Metropolitana e urxiron un acordo para desbloquear o billete metropolitano.

“Os intereses de Abel Caballero están claros, polo tanto que se deixe de tomaduras de pelo, que a Área Metropolitana non é unha broma pesada, é algo moi serio”, concluiu a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.

10 de xaneiro de 2017 | 12:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.