publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Guitiriz acollerá por primeira vez o Campionato Galego Cadete de Taekwondo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaGuitiriz
A-
A+
Presentación do Campionato Galego Cadete de Taekwondo

Presentación do Campionato Galego Cadete de Taekwondo

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, a Alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín Rodríguez, e o Concelleiro de Deportes, Pedro Pérez Fanego, presentaron este martes o Campionato Galego Cadete Masculino e Feminino de Taekwondo, que terá lugar o sábado 28, a partires das 9:00 horas, no Pavillón Municipal de Guitiriz.

A cita, organizada polo Concello guitiricense e o Club Jansu de Vilalba, por delegación da Federación Galega de Taekwondo, reunirá a preto de 160 deportistas nados nos anos 2003, 2004 e 2005 na localidade lucense. O organismo provincial colabora na organización deste campionato, coa difusión e promoción da cita, así como cos trofeos que se repartirán entre os gañadores. Cómpre destacar que todos os participantes loitarán ademais por obter un posto nas filas da selección autonómica de dita categoría cadete.

Rivera Capón sinalou que “para nós é unha prioridade fomentar o deporte de base e, sobre todo, cando se trata de disciplinas minoritarias como o taekwondo, que non ten tanta visibilidade como o fútbol ou o baloncesto na nosa provincia, o que supón unha maior dificultade para os deportistas”. Pola súa parte, Regina Polín destacou que “por primeira vez acollemos en Guitiriz un campionato autonómico co obxectivo de potenciar o taekwondo. Nas escolas deportivas temos está modalidade deportiva, a xente está moi involucrada, e o feito de organizar este campionato no noso Concello é unha forma de recompensar o seu esforzo”.

24 de xaneiro de 2017 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.