publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Comeza a 2ª Liga de Carreiras Escolares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

Este domingo, 22 de xaneiro ás 10.30 horas celebrase no Colexio ValleInclán a primeira das probas deportivas que conforman a 2ª Liga de Carreiras Escolares do Grove e que conta coa participación de todos os centros escolares da vila. Esta iniciativa comezou no 2016 con notable éxito e repítese de novo gracias ao traballo conxunto do CEIP ValleInclán e o Clube Deportivo Ría de Arousa que contan co apoio loxístico do Concello do Grove.

Deste xeito os rapaces e rapazas do CEIP Bizocas, CEIP Rosalía de Castro, CEIP Conmeniño, IES As Bizocas, IES Monte da Vila e das Escolas Infantís do Monte da Vila e Nosa Señora do Carmen competirán en catro probas que se celebrarán en xaneiro, marzo, maio e xuño e distintos puntos do Grove. Así, ademais destas primeiras carreiras no ColexioValleInclán, en marzo celebraranse no Colexio de Conmeniño, en maio na zona de Feáns- A Lanzada e en xuño no Monte Central da Illa da Toxa (nestes últimos casos as datas están pode determinar). As categorías nas que compiten son pitufo, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadetes.

Os interesados en participar poden inscribirse nos centros educativos ou o día de cada proba antes das 10.00 horas. O Concello colabora a organización do evento e aporta equipamento, servizos de emerxencia e auga para os participantes. Na carreira deste domingo xa se conta con 250 rapaces e rapazas inscritos que se agarda que tamén participen nas seguintes probas. 

18 de xaneiro de 2017 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.