publicidade hoxe

Baltar reúnese co alcalde do Barco e presidente da Fegamp, Alfredo García

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Barco de ValdeorrasOurense
A-
A+
Manuel Baltar na reunión co alcalde do Barco de Valdeorras

Manuel Baltar na reunión co alcalde do Barco de Valdeorras

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no seu despacho do Pazo Provincial ao alcalde do Barco e presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García, con quen analizou temas referidos á cooperación entre a institución provincial e os concellos da provincia, e trataron tamén a proposta cultural realizada por Alfredo García, quen solicitou o apoio da Deputación de Ourense para que a figura do poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán sexa homenaxeada na festividade das Letras Galegas. Para a realización desta iniciativa, García destacou a necesidade de realizar un traballo no que participen concellos de Valdeorras, abranguendo os ámbitos social, cultural e empresarial. Manuel Baltar e Alfredo García tamén falaron, no marco da Fegamp, de aspectos relacionados co financiamento da administración local.

 

23 de xaneiro de 2017 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.