publicidade hoxe

A Xunta adxudica no parque empresarial das Gándaras 25.000 metros cadrados a prezo bonificado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugo
A-
A+

A Xunta, a través da empresa pública Xestur, declarou como singular o proxecto presentado por unha empresa para a adxudicación de 25.000 metros cadrados de solo no parque empresarial das Gándaras en Lugo. Con esta declaración, baseada na importancia da superficie de solo demandada e o investimento previsto, facilitase a adxudicación do solo, que se empraza na segunda fase do parque empresarial, xa que na primeira fase xa está urbanizada e non existe ningún parcela deste tamaño.

A empresa adxudicataria prevé crear máis de 85 postos de traballo, entre directos e indirectos. O investimento previsto pola empresa para o seu asentamento no parque das Gándaras é de preto de 6,2 millóns de euros,

O prezo de adxudicación ascende a 1.3 millóns de euros, despois de aplicar a bonificación do 50 por cento, prevista en todos os parques empresariais da provincia de Lugo propiedade do Executivo autonómico, a través de Xestur e o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

O acondicionamento destes 25.000 metros cadrados permitirá, ademais, dispoñer no parque empresarial das Gándaras de parcelas cun tamaño de case mil metros cadrados, que son as máis demandas e, actualmente, están esgotadas.

Por outra parte, o consello de administración de Xestur adxudicou 16.250,75 m2 de solo empresarial nos parques de Negreira, A Reigosa (Ponte Caldelas) e A Veigadaña (Mos), co que a superficie adxudicada, dende que en 2015 se comezaron a aplicar bonificacións no prezo do solo empresarial, acadan o 728.000 metros cadrados.

O solo adxudicado entre 2015 e 2016 (incluído o adxudicado hoxe) supera en preto do 20 por cento o vendido conxuntamente nos anos 2007 e 2008 en que se adxudicaron 607.000 metros cadrados en total.

23 de xaneiro de 2017 | 16:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.