publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A área de Cultura da Deputación estuda futuras colaboracións con Cambre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

A vicepresidenta e deputada da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, reuniuse co concelleiro de Cultura de Cambre, Daniel Carballada, para estudar distintas liñas de colaboración entre as dúas institucións.

Co fin de analisar distintas liñas de colaboración, a deputada de Cultura, Goretti Sanmartín Rei, reuniuse na Deputación da Coruña co concelleiro da área de Cambre, Daniel Carballada. Na xuntanza, Goretti Sanmartín Rei explicou as distintas liñas de colaboración en concorrencia competitiva que están en marcha ao tempo que o concelleiro, Daniel Carballada, presentou distintos proxectos e necesidades da súa área que ten previsto desenvolver proximamente.

No marco da xuntanza, analizáronse diversas iniciativas de cara a proxectos conxuntos coa participación de diversos axentes do concello, entre os que se atopan, infraestruturas existentes como a Casa Fernández Florez.

25 de xaneiro de 2017 | 16:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.