publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Mellora da eficiencia enerxética da iluminación pública en Negreira con cargo ao Fondo de compensación ambiental

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNegreira
A-
A+
Ovidio Rodeiro na reunión co alcalde de Negreira

Ovidio Rodeiro na reunión co alcalde de Negreira

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, asinou xunto ao alcalde de Negreira, Jorge Tuñás Caamaño, as actas de recepción das obras realizadas con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. O acto tivo lugar na Delegación Territorial, na Coruña.

En total, investíronse 70.244,63 euros no proxecto de eficiencia enerxética en diferentes alumeados ao longo do concello. En concreto, desenrolouse o anteproxecto da iluminación pública nas rúas Rosalía de Castro e Teresa Fabeiro Caamaño. As subvencións do Fondo de Compensación Ambiental correspóndelles aos concellos que teñen o seu territorio municipal dentro dunha poligonal de delimitación dun parque eólico ou están afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación.

No caso de Negreira, o municipio alberga 49 aeroxeneradores e máis de 7,7 quilómetros de liñas. Estas axudas, concedidas a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, están destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial. En concreto, en Negreira a intervención consistiu na colocación de 26 columnas coas súas correspondentes luminarias e dun reloxo astronómico no cadro.

28 de decembro de 2016 | 17:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.