publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta traslada o seu compromiso de rematar a construción do paseo de Seara

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMoaña
A-
A+

A Xunta trasladoulle hoxe ao Concello de Moaña o seu compromiso de rematar a construción do Paseo da Seara en canto a Administración local dispoña dun novo proxecto redactado e dos terreos e permisos necesarios para executalo.

Esta mañá tivo lugar unha comisión de seguimento destas obras, na que os técnicos da Xunta comunicaron que o actual convenio para a execución dos traballos vence a final de ano. Este acordo fora asinado con data 16 de setembro de 2014, entre a Axencia de Infraestruturas, Portos de Galicia e o Concello de Moaña e, de acordo co seu contido, a Xunta licitou as obras segundo proxecto redactado polo Concello

Nalgunhas zonas non foi posible acceder aos terreos necesarios para poder executar o paseo e, coa fin de dar tempo para que se desbloquease esta situación, o 5 de marzo de 2015 asinouse unha addenda para reaxustar as anualidades previstas inicialmente e poder executar a obra entre os anos 2015 e 2016.

Segundo trasladaron os técnicos de Infraestruturas na comisión de seguimento, o prazo previsto tras esta modificación do convenio vence o 31 de decembro e xa non se pode, materialmente, rematar esta actuación, polo que é necesario rescindir o actual contrato de obras, asegurando en calquera caso o executado nos vindeiros días de modo que no haxa riscos para os usuarios por caídas ou golpes.

Non obstante, o compromiso do Goberno galego mantense con esta obra e, na comisión de seguimento, transmitíuselle ao Concello a plena disposición a asinar un novo convenio para o financiamento das obras que restan para completar o paseo en canto conten cun novo proxecto redactado e obteñan os permisos e terreos necesarios para a súa execución.

As tarefas xa feitas supoñen un investimento da Xunta de preto de 250.000 euros.

14 de decembro de 2016 | 17:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.