publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta adica preto de 180.000 euros ao obradoiro ‘Terras de Iria III’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPadrón
A-
A+

O delegado territorial de Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá o Concello de Padrón, onde foi recibido polo seu alcalde, Antonio Fernández Angueira. Tras unha xuntanza na casa consistorial, Rodeiro desprazouse a visitar aos alumnos do obradoiro de emprego Terras de Iria III, promovido en conxunto por Padrón, Rois e Dodro.

O obradoiro ten unha duración de seis meses e del estanse a beneficiar 20 mozos dos tres concellos participantes, que estanse a formar nas especialidades de pavimento e albanelería de urbanización, e actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería. A consellería de Economía, Emprego e Industria destina a esta actividade 179.134 euros. Na visita estivo presente, ademais do alcalde de Padrón, o de Rois, Ramón Tojo Lens.

Ovidio Rodeiro comprobou como os alumnos estaban a traballar na rexeneración do camiño de acceso ao Convento do Carmen, na rúa Costanilla do Carmen, en Padrón, construído no primeiro terzo do século XVIII e que está sendo obxecto dun importante esforzo inversor por parte da Xunta para a súa recuperación como sinal emblemático da vila padronesa.

A Xunta tamén ven de rematar unha inversión de 127.832 euros na mellora do acceso ao polígono industrial de Pazos, tamén no concello de Padrón, dentro do programa de axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade. Concedéronse axudas a 58 proxectos dos que 21 corresponden á provincia da Coruña, por un total de algo máis de 1.250.000 euros.

O delegado territorial destacou, así mesmo, o 83,86% de incremento das horas de servizo de axuda no fogar (SAF) dependencia na lexislatura, e o incremento de 6.384 horas anuais en xuño de 2016 para acadar a atención do 100%.

13 de decembro de 2016 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.