publicidade hoxe

Feijóo convida aos nenos a ler na presentación dunha obra póstuma de Neira Vilas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVila de Cruces
A-
A+
Feijóo na presentación do libro "Quique na aldea". Foto: C. Paz

Feijóo na presentación do libro “Quique na aldea”. Foto: C. Paz

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, animou esta mañá aos nenos galegos a ler, na presentación dunha obra póstuma de Neira Vilas coincidindo co aniversario do seu pasamento.

Quique na aldea é o título deste conto cuxo protagonista é moi distinto ao coñecido Balbino de Neira Vilas. Trátase dun rapaz que vive nunha vila e descubre a aldea nunhas vacacións cos seus avós.

“Hai xente que non tivo a sorte de nacer no rural, como Quique, e é moi bo que a xente da cidade o veña a coñecer” afirmou o presidente. Feijóo describiu a Neira Vilas como unha persoa que “nunca se esqueceu da súa aldea, nin de Gres, nin de Galicia, nin da paisaxe”

Dirixíndose aos nenos Feijóo afirmou que a Neira Vilas “o que lle gustaría é que leades, que medredes en liberdade e que medredes con coñecemento”, sentenciou.

25 de novembro de 2016 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.