publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cinco persoas feridas nunha colisión entre tres vehículos en Caldas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de ReisLocal PortadaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un total de cinco persoas resultaron feridas na mañá deste xoves tras colisionar tres vehículos na localidade pontevedresa de Caldas de Reis. Segundo a información do CAE 112-Galicia, o suceso aconteceu sobre as 9,15 horas na estrada que une as localidades de Caldas e Vilagarcía, á altura do Hotel Sena.

Ata a zona desprazáronse efectivos da Policía Local, Bombeiros do Salnés e GES de Valga, así como de Protección Civil de Caldas.

Ademais, foi mobilizado persoal sanitario do 061, que trasladou a un centro hospitalario a cinco persoas feridas, todas elas de carácter leve.

ACCIDENTE MÚLTIPLE EN VILANOVA

Pouco despois, sobre as 9,30 horas, producíase unha colisión múltiple –entre tres turismos– no municipio pontevedrés de Vilanova de Arousa. Concretamente, o accidente tivo lugar na VG-4.3, en dirección a Sanxenxo.

Ata a zona desprazouse persoal do servizo de conservación de estradas para limpar a vía, así como efectivos da Garda Civil e de Protección Civil. Non houbo que lamentar danos persoais.

24 de novembro de 2016 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.