publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Casa da Cultura de Silleda acolle a presentación do libro “A luz da escuridade” de José Ramón Castro Frade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAxenda e CulturaLocal PortadaSilleda
A-
A+
José Ramón Castro Frade

José Ramón Castro Frade

O vindeiro xoves 1 de decembro, Edicións Fervenza presenta o libro de relatos “A luz da escuridade” da autoría do silledense José Ramón Castro Frade. O acto celebrarase as 20,30 h na Casa da Cultura de Silleda.

Participan

No acto participarán Andrés Torres Queiruga, Doutor en Filosofía, membro da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega; Xosé Manuel Baamonde Silva, Decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo; Abraham Castro, arquitecto e ilustrador do libro; Lito Andión, xerente Cooperativa Hoxe; Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; Manuel Cuíña, alcalde de Silleda e José Ramón Castro Frade, autor do libro.

Colaboran

Para esta publicación contouse co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, o Concello de Silleda, e a empresas Cooperativa Hoxe (queixos) de Lalín.

Exposición

Simultaneamente inaugurarase unha exposición de fotografías da autoría de José Ramón vinculadas ao mundo rural galego. Tamén se contará co acompañamento de música tradicional.

30 de novembro de 2016 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.