publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unhas 1.200 persoas de 14 concellos de Pontevedra participan no programa “En ruta coa Depo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueuCambadosCoveloGondomarMosPoioPonte CaldelasPonteareasPontevedraPontevedraRedondelaSalceda de CaselasTuiVigoVilagarcía de Arousa
A-
A+

“En ruta coa Depo”, programa da Deputación de Pontevedra xestionado a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, organiza para esta fin de semana novas saídas pola provincia, nas que van participar preto de 1.200 persoas pertencentes a asociacións dos concellos de Salceda de Caselas, Vigo, Mos, Bueu, Vilagarcía de Arousa, Redondela, Cambados, Poio, Pontecaldelas, Pontevedra, Ponteareas, Gondomar, O Covelo e Tui.

En concreto, nas rutas desta fin de semana participarán a Agrupación Cultural Xunco de Salceda de Caselas; a Asociación de Representantes de Comercio, Asociación Veciñal Doutor Fleming, Asociación Cultural Deportiva Xestas, Asociación de Xubilados de Caixanova e Asociación Galega San Francisco (Vigo); a Asociación de veciños Chan do Bosque de Mos; o Club de Xubilados e Pensionistas Vila de Bueu; a AA.MM.RR. Os Borrizos e a Asociación de Mulleres Rurais Perla de Arousa de Vilagarcía; a Asociación de Amas de Casa Albariño de Cambados; a Asociación de Mulleres Progresistas de Poio; A.C. Laxe das Cruces de Tourón de Pontecaldelas; a Asociación de Mulleres Rurais Os Muíños de Marcón en Pontevedra; a Asociación Artística Cultural de Guláns e Asociación San Salvador de Ponteareas; a AA.VV. San Martiño de Gondomar; a Asociación Cultural Virxe da Luz de Covelo e a Asociación de Amas de Casa de Tui.

Estas asociacións realizarán rutas polo conxunto histórico de Cambados; por Catoira, Vilagarcía de Arousa e Cuntis; visitarán os atractivos turísticos do concello de Silleda; percorrerán museos e Pazos de Lalín; desprazaranse ata Meis e Ribadumia; A Guarda e o conxunto histórico de Tui; visitarán San Simón e Redondela e percorrerán o casco vello de Vigo e as Illas Cíes.

“En Ruta coa Depo” é un programa da Deputación de Pontevedra que propón alternativas de lecer dinámico e saudable pretendendo mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia de Pontevedra. Ofrecense case vinte rutas distintas por lugares emblemáticos da provincia con distintos tipos de propostas para todos os públicos: rutas dinámicas e activas para a xente máis moza, rutas interxeracionais para Anpas e familias, rutas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, rutas marítimas e rutas por enclaves singulares. Este programa, xestionado a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, vai permitir que, ata finais de ano, máis de 18.000 persoas coñezan mellor a provincia. Invístese un total de 238.500 euros nesta iniciativa.

14 de outubro de 2016 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.