publicidade hoxe

A Deputación da Coruña financia a contratación de persoal de servizos sociais de Frades, Oroso e Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaFradesOrdesOroso
A-
A+

A área de Servizos Sociais da Deputación da Coruña financiará os servizos sociais comunitarios básicos dos concellos de Frades, Ordes e Oroso . A achega será de 121.745,87 € que irán destinados á contratación de persoal dos servizos.

A contratación no concello de Ordes de auxiliar para administración, un técnica/técnico de grado medio e unha praza de persoal auxiliar Servizo de Axuda no Fogar; no concello de Oroso dun técnico/técnica de grado e persoal auxiliar Servizo de Axuda no Fogar e unha persoal auxiliar Servizo de Axuda no Fogar en Frades compoñen a relación de persoal da área que se financiará a través do convenio que foi asinado pola Deputada de Servizos Sociais, Ánxela Franco e o presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes e alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, nun acto no que tamén estivo presente o deputado responsable da área de Economía e Facenda e concelleiro de Oroso, Antonio Leira.

A área de Servizos Sociais achegará á Mancomunidade con este fin 121.745, 87 euros, o 71,82% do orzamento total que ascende a 169.504 euros . A subvención destínase a financiar persoal dos servizos sociais básicos e do persoal auxiliar do Servizo de Axuda a domicilio. O contido do convenio destínase ao financiamento de seis postos de traballo nos tres concellos que forman parte da Mancomunidade de Ordes, dos que tres deles son persoal do servizo de axuda a domicilio.

14 de outubro de 2016 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.