publicidade hoxe

Preséntase o memorial Paco Araújo, organizado polo Celta de Baloncesto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaVigo
A-
A+
Presentación do Memorial Paco Araújo

Presentación do Memorial Paco Araújo

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou hoxe na presentación do Memorial Paco Araújo, organizado polo Celta de Baloncesto feminino, e que se celebrará o próximo día 24 no pavillón de Navia cun partido que enfrontará ao Celta co Perfumerías Avenida de Salamanca.

Durante o acto en conmemoración do directivo falecido o pasado mes de marzo deste ano, o secretario xeral quixo recordar a súa figura como “todo un referente persoal e profesional non só do baloncesto, senón do conxunto do deporte vigués e galego”. Segundo manifestou José Ramón Lete, “Paco Araújo sempre será recordado pola familia do deporte galego como unha persoa honesta e afable e un traballador incansable, un home que, con plena dedicación e paixón, ten levado a este club a estar hoxe entre as mellores entidades de deporte base de España”.

Paco Araújo incorporouse ao Celta de baloncesto no 1996, facéndose cargo da Presidencia no 2001, posto que ocupou ata o seu falecemento.

7 de setembro de 2016 | 19:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.