publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Dous bañistas rescatados en Redondela e Sanxenxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRedondelaSanxenxo
A-
A+
Europa Press

Dúas persoas foron rescatadas en praias galegas a última hora da tarde deste martes. No areal de Penedos, en Redondela, unha muller en apuros foi sacada da auga por uns particulares, mentres en Major, en Sanxenxo, outra persoa rescatou un bañista.

Segundo informa o 112, un dos particulares que rescatou a muller en Redondela contactou co centro de atención ás emerxencias ás 19,45 horas para solicitar asistencia sanitaria.

O 112 estableceu comunicación con Urxencias Médicas e efectivos sanitarios enviaron unha ambulancia ao punto. A muller rematou sendo evacuada o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

En Sanxenxo, outra persoa foi rescatada en Major, despois de que un particular informase ao 112 sobre as 19,00 horas da presenza dunha persoa na auga, nunha zona perigosa.

O centro de atención ás emerxencias alertou a Salvamento Marítimo e ao servizo de gardacostas. Os feitos, ademais, foron postos en coñecemento do GES de Sanxenxo e da Garda Civil. Finalmente, un particular rescatou ao bañista, en bo estado de saúde.

7 de setembro de 2016 | 12:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.