publicidade hoxe

As piscinas municipais de Silleda continuarán abertas ata o 4 de setembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

As piscinas municipais de Silleda e da Bandeira continuarán abertas ao público ata o vindeiro domingo día 4. Dende a Concellería de Deportes, que dirixe Ana Luisa González Costa, decidiuse ampliar o plazo de apertura –xa que normalmente os recintos das piscinas se pechaban a 31 de agosto- á vista de que o bo tempo continuará nas vindeiras xornadas.

“Xa que este ano estamos a disfrutar dun verán excepcional e con altas temperaturas, cunhas condicións climatolóxicas que se prevé continúen nos vindeiros días, optamos por manter as piscinas abertas durante estao primeiro fin de semana do mes de setembro”, explica a concelleira, que lembra que dende o pasado 1 de xullo pasaron polo recinto milleiros de veciños e visitantes.

1 de setembro de 2016 | 16:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.