publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A escola infantil de Fene-Barallobre inicia o curso 2016-2017 cunha xornada de portas abertas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

A escola infantil de Fene-Barallobre (A Coruña), integrada na rede autonómica “Galiña Azul” do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, comezou hoxe o curso 2016-2017, cunha xornada de portas abertas para pais e alumnos.

Este centro, que dispón dun máximo de 41 prazas (3 unidades), inicia a súa andaina con 13 nenos matriculados, dos que 12 son pequenos de 1 a 2 anos e 1, de 2 a 3 anos. A eles hai que sumarlles 16 nenos máis, matriculados no período extraordinario de setembro, que iniciarán o curso o próximo 17 de outubro, co que se completará a capacidade máxima da escola.

A escola infantil de Fene-Barallobre é un dos seis novos centros que botan andar neste curso (2016-2017), xunto coas de A Coruña-A Sardiñeira, Ames-Bertamiráns, Oza-Cesuras, Marín-Seixo e Tomiño-Goián.

A esas escolas infantís hai que sumarlle as tres unitarias (Crecente, en Pontevedra; Cartelle, en Ourense, e Sobrado dos Monxes, en A Coruña) que reabren este ano ante o aumento da demanda, logo de que permaneceran pechadas por falta de matrícula no curso pasado e, no caso da de Sobrado, tamén no 2014-2015.

En total, entre as seis novas escolas que inician agora o curso, e as escolas infantís unitarias -que xa o fixeron en días pasados-, a oferta para nenos de 0 a 3 anos nos centros dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, acada as 7.452, incluíndo as escolas infantís que xa estaban funcionando nas catro provincias galegas.

A esas escolas infantís hai que sumarlle as tres unitarias (Crecente, en Pontevedra; Cartelle, en Ourense, e Sobrado dos Monxes, en A Coruña) que reabren este ano ante o aumento da demanda, logo de que permaneceran pechadas por falta de matrícula no curso pasado e, no caso da de Sobrado, tamén no 2014-2015.

16 de setembro de 2016 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.