publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Grove logra unha subvención para crear espazos para emprendedores no Mercado Municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

A Consellería de Economía, Emprego e Industria acaba de conceder unha subvención ao Concello do Grove dentro da convocatoria para creación de espazos de emprendemento. Trátase dunha axuda de 63.254,66 euros para levar ao cabo un proxecto valorado en 90.363,80 euros.

A proposta realizada polo Concello do Grove supón a reforma de todos os locais da zona esquerda do Mercado Municipal (nestes momentos abandonados ou empregados como almacén) para poder empregar os mesmos como locais para emprendedores e novas iniciativas empresariais. A subvención permitirá a reforma íntegra de seis espazos de venda dotándoos de conexións modernas e dos elementos básicos como local comercial. Posteriormente desenvolveranse un proxecto de xestión dos mesmos que permita crear postos de traballo e ao mesmo tempo, dinamizar o Mercado Municipal con nova oferta. 

17 de agosto de 2016 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.