publicidade hoxe

Noitepedras astronómico no Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCampo Lameiro
A-
A+

O éxito acadado na edición de NOITEPEDRAS 2016 lévanos a continuar no mes de setembro cunha novidade importante pola temática escollida nesta ocasión, centrada na explicación da relación dos petróglifos coa paisaxe celeste da súa época, a Idade do Bronce.

O encargado desta actividade é o experto en astronomía cultural Benito Vilas, autor de varias publicacións no eido da arqueoastronomía e megalitismo despois do seu paso polo máster de Astronomía Cultural y Astroloxía da Universidade de Gales Trinity Saint David. Benito falará dos mitos gregos de creación do universo asociados coas constelacións, e da curiosa teoría de interpretación da cornamenta do cervo de Laxe dos Carballos coma un calendario solar.

O prezo por participar nesta edición de NOITEPEDRAS ASTRONÓMICO é de 10 euros/persoa na opción de soamente visita guiada “Petróglifos e Constelacións”, e 15 euros/persoa no caso de escoller a modalidade de “Bocatas Rupestres”, xa que ademais da visita guiada, inclúe un bocadillo e un refresco para cear na contorna do poboado da Idade do Bronce.

30 de agosto de 2016 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.