publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Rural destaca a importancia da innovación para situar no mercado os produtos lácteos galegos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastro de ReiLocal Portada
A-
A+
Ángeles Vázquez na visita á planta de Innolact

Ángeles Vázquez na visita á planta de Innolact

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, coñeceu esta mañá, acompañada pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, as instalacións da empresa láctea Innolact, en Castro de Rei (Lugo). Durante a súa visita a titular de Medio Rural sinalou esta compañía como un exemplo para o sector pola súa aposta pola innovación e a transformación de materia prima de primeira calidade de cara a situar os seus produtos no mercado.

De feito, Innolact, que comercializa baixo a marca Quescrem, vende o seu queixo fresco e mascarpone non só no mercado nacional senón tamén internacional. Estes clientes representan o 25% das súas ventas que chegan a máis de 30 países como Portugal, Francia, Suecia, Italia, Reino Unido, Malta, Chipre, Alemaña e Bélxica. Pero tamén a África (Marrocos e Exipto), Oriente Medio (Líbano, Emiratos Árabes Unidos, Arabia Saudita, Israel…), Sudamérica (México, Panamá, Uruguai, Chile), Estados Unidos e Asia (India, China…).

“Esta é a fórmula do éxito”, sinalou Ángeles Vázquez, “apostar por un produto diferenciado e exclusivo para facer espazo no mercado, tamén no ámbito internacional”. A conselleira valorou ademais o compromiso desta empresa na formación de xente moza e agradeceu que que o leite cru (ata 1.462.223 litros) proceda das ganderías da zona.

Orixe de Innolact

Innolact nacía en 2006 derivada da Aula de Produtos Lácteos de Lugo nunha nave alugada e cun capital social de 55.000 euros. Agora, logrou ser unha pequena empresa con 50 traballadores e 17 socios, cun capital social de 420.000 euros. A súa facturación no 2014 foi de 6.715.107 euros e o balance do mesmo ano de 4.121.361.

Ademais, está a construír unha nova nave no Polígono Industrial de Castro Ribeiras do Lea para a fabricación de queixo mascarpone, para a que contará con axudas da Xunta de Galicia.

18 de agosto de 2016 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.