publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Ambiente acometerá o acondicionamento da rúa Socalcos por un importe de 90.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+
Beatriz Mato na reunión co alcalde do Grove

Beatriz Mato na reunión co alcalde do Grove

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos, asinaron un convenio de colaboración que permitirá executar o acondicionamento da rúa Socalcos.

O Goberno galego investirá máis de 90.000 euros nesta actuación, que tamén implicará a mellora e ampliación da rede de abastecemento de auga, así como da rede de recollida de pluviais. Coa sinatura do convenio, a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio poderá licitar as obras para mellorar esta rúa do concello.

A conselleira destacou que este tipo de actuacións permiten a execución e mellora dos equipamentos urbanos municipais, có fin de dotar aos concellos dunha adecuada oferta de actividades de ocio, recreativas, culturais e de lecer, co fin de mellorar a calidade vida dos seus cidadáns e do público en xeral.

Engadiu que tamén se fomenta, a conservación e recuperación de espazos públicos, coa finalidade da súa posta en valor como espazo social, cultural e economicamente activo.

Plan Hurbe

Esta actuación inscríbese no Plan Hurbe, posto en marcha en 2010 polo Goberno galego e que ten un triplo obxectivo: fomentar a humanización das vilas; favorecer a cooperación da administración autonómica e os concellos; e promover o reequilibrio territorial en Galicia. Para conseguilo, o Plan Hurbe inclúe tres programas de actuación: humanización das rúas, urbanización e mellora de espazos públicos; e equipamentos públicos, referidos especialmente aos de carácter cultural e social.

19 de agosto de 2016 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.