publicidade hoxe

I Xornada de Convivencia para os nenos da súa Escola de verán, e para os Campus do Umia CF, Campus CD Ribadumia, Club Tenis de Mesa de Sisan

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia informa que mañá día 26 de agosto a partires das 9:30 e ata as 14:00 horas terá lugar a I Xornada de Convivencia na Carballeira de Ribadumia, esta é unha novidade dentro da programación que oferta o Concello para as actividades de verán, que ten como obxectivo fomentar a convivencia entre os asistentes os campus para que pasen unha mañá de lecer e divertimento. E ademais festexar a unidade e interacción que durante todo o verán veñen realizando os diferentes campus e a Escola de Verán a través de actividades conxuntas como por exemplo a de Educación Vial realizada os primeiros días do presente mes.

Para diversión dos nenos ese día contarán con unha exhibición de aves, Dj e para rematar unha festa da espuma.

A media mañá para a merenda dos nenos o Concello aportará os bocadillos, e os clubs aportarán auga e froita.

Ademais disto durante a xornada, as 11:15 horas farase un acto de agradecemento a aquelas entidades que durante a I Xornada de Educación Vial colaboraron coa súa participación e os seus medios dispoñibles, que foron Protección Civil de Ribadumia, Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra, Autoescola Barrantes e Bombeiros do Salnés.

25 de agosto de 2016 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.