publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Felicísimo Pereira continuará na presidencia do C.R.D.O. Ribeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadavia
A-
A+

A petición dos vogais do pleno do Consello Regulador da D.O. Ribeiro, Felicísimo Pereira continuará como Presidente do organismo. Dende o seu nomeamento o pasado mes de febreiro, p enólogo de Ribadavia xa anunciou que deixaría a presidencia da entidade por motivos laborais antes da vendima e que poría a disposición do pleno o seu cargo.

Tal asunto debateuse no pleno extraordinario que tivo lugar hoxe na sé do C.R.D.O. Ribeiro e que aprobou, por unanimidade dos presentes, a súa continuidade co voto de confianza da maioría dos vogais. “Levo traballando por e para a D.O. Ribeiro como colleiteiro case 20 anos. Se o pleno quere que siga como presidente acéptoo coa responsabilidade e profesionalidade que me outorga o cargo e a confianza que depositan en min”, comentou Felicísimo Pereira. Asegura que l D.O. pasa un bo momento e que traballará apostando pola calidade e en consenso entre todos os axentes que integran a Denominación de Orixe máis antiga de Galicia.

Felicísimo Pereira comprométese a seguir de presidente ata que se convoquen as vindeiras eleccións aos consellos reguladores e propuxo formalizar unha Comisión Permanente de traballo e apoio á presidencia, así como un grupo de traballo de vendima onde estivesen representados todos os axentes do sector. “Creo que a D.O. vai por bo camiño e é importante que as decisións se tomen de xeito consensuado, reflexionado e debatendo sobre os retos futuros da denominación e o seu papel como propulsor da economía local”, asegurou.

Felicísimo Pereira, representante do sector de los colleiteiros, accedeu ao cargo despois da dimisión do anterior presidente sendo entonces vicepresidente do pleno. Dende entonces, a súa aposta foi a de traballar pola unidade da D.O. Ribeiro e a profesionalización do Consello Regulador.

Sobre a Denominación de Orixe Ribeiro

A Denominación de Orixe Ribeiro é a máis antiga de Galicia, oficialmente protexida no ano 1932, e unha das máis antigas de España. Actualmente confórmana 107 bodegas situadas nos vales formados polos ríos Miño, Avia e Arnoia, en el no noroeste da provincia de Ourense. A D.O. Ribeiro ten unha extensión de 2.646 hectáreas de viñedo situados nos municipios de Arnoia, Beade, Boborás, Carballeda de Avia, Carballiño, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Ourense, Puxín, Ribadavia, San Amaro e Toén. Un territorio de gran diversidade vitivinícola onde traballan uns 5.800 viticultores. A D.O. Ribeiro produce viños brancos e tintos xenuínos con variedades autóctonas locais: Treixadura, Loureira, Sousón, Brancellao… Así coma o Tostado do Ribeiro, un viño naturalmente doce de larga tradición na zona que data do século XIX. A produción da colleita 2015 na Denominación de Orixe foi de 14,3 millóns de quilos de uva. O 90% de la produción total é viño branco e 10% viño tinto.

24 de agosto de 2016 | 16:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.