publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cuco xa é novo xogador do Pescados Rubén

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

Raúl García Pérez, Cuco, defenderá ao CD Burela FS Pescados Rubén a próxima tempada. O ala madrileño recalará na Mariña nos próximos días, procedente do Jaén Paraíso Interior, para incorporarse á dinámica de traballo de Daniel Ibañes.

“É un orgullo chegar a un club tan loitador” recoñecía Cuco, campión de Copa de España 2015 co equipo andaluz, que conta cunha ampla traxectoria en clubs de referencia como Azkar Lugo (2012-14), Puertollano (2011-12), Triman Navarra (2009-11), Carnicer Torrejón (2006-09//2000-01) ou Pinto FS (2003-06). “Teño ganas de volver sentirme ben sobre a pista, axudar os meus compañeiros e devolverlle ao club a confianza depositada en min” explicaba o ala madrileño, superados xa os seus problemas da pubalxia que o mantivo afastado das pistas desde decembro de 2015 e que o obrigou a pasar polo quirófano a finais de tempada. 

30 de agosto de 2016 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.