publicidade hoxe

A Volta a España pasa por Mos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A Volta a España celebra este ano 2016 a súa 71 edición. A 2º etapa, que terá lugar o vindeiro domingo, 21 de agosto, sairá de Ourense con chegada a Baiona pasando polo Concello de Mos. O percorrido total desta segunda etapa será de 160.8 kilómetros de lonxitude.

No termo municipal de Mos a Volta pasará pola rotonda das Angustias procedente da Avda. de Galicia (Porriño) sobre as 16:21 horas, en horario previsto pola organización.

Logo,xiro á dereitana Rotonda das Angustias cara áestrada N-550 (Estrada Porriño- Redondela) dirección Redondela.

Á altura do Pazo de Mos,xiro á esquerdapola EP-2601 (Estrada Puxeiros-Mos) pasando por Torroso e Pena de Francia.

Pasando Pena de Francia, xiro á dereita polo Camiño Subida do Faquiña (Polígono Monte Faquiña).

No alto de Faquiña, xiro á dereita (fronte á gasolineira), pola EP-2603 (Avda. Peinador) en dirección aoAeroporto de Peinador.

E finalmente aoseu paso pola Rotonda do Aeroporto continuarán pola Avenida doAeroporto en dirección a Vigo en horario previsto pola organización sobre as 16:40 horas.

19 de agosto de 2016 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.