publicidade hoxe

A Praza de Ojea acollerá o IV Festival do Grupo de Danzas Pais Nais de San Roque

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCangas
A-
A+

O IV Festival do Grupo de Danzas Pais Nais de San Roque celebrarase o sábado 20 de agosto, ás 21:30 horas na Praza de Ojea. Este ano contará co xa mencionado Grupo de Danzas Pais de San Roque, organizador do mesmo, que estará acompañado polo Grupo de Gaitas Os Liboreiros de Bueu e dúas agrupacións folclóricas: unha da veciña cidade de Vigo, a Agrupación Folclórica os Ventos de Comesaña, e outra de Portugal, o Rancho Folclórico Esperança na Juventude do Nadadouro, de Caldas da Rainha (unha vila preto do Santuario de Nazaret). Mencionar que o grupo Agrocovo de Esteiro non pode asistir.

Este é o cuarto Festival que organiza o Grupo de Danzas Pais de San Roque, coincidindo tamén co 30 aniversario do grupo, feito que o fai de por si moi especial para todas as persoas que integran o grupo. Despois de 30 anos de historia, séguense a mover polas mesmos motivos: a inquedanza de amosar ó pobo de Cangas o traballo de todo o ano de ensaios, contribuír á difusión da nosa cultura, e facer desfrutar aos nenos e nenas que participan nos coa ledicia de bailar nun escenario, no seu pobo e diante de familiares, amigos e simpatizantes da cultura galega en xeral.

A organización dun Festival desta envergadura supón para o Grupo un esforzo económico importante, pois aínda que os grupos veñen en calidade de intercambio cultural, estamos a falar de desprazamentos custosos, ademais das atencións que hai que ter cos convidados. Todo isto non se podería facer sen o esforzo persoal de toda a Directiva, os socios e os pais que achegan o ombreiro para que todo saia ben, así como a axuda do Concello de Cangas e dos comercios e socios colaboradores do Grupo. Sen a súa implicación e apoio o Festival non podería saír adiante.

O Festival ten previsto comezar ás 21:15 horas cun pasarrúas que partirá dende os Xardíns de J. Félix Soage (á altura do reloxo), e que percorrerá as rúas Eugenio Sequeiros, cruzará a Avenida de Castelao e accederá ós Xardíns do Señal, para chegar á Praza de Ojea (detrás do Concello).

As actuacións realizaranse no palco, coa seguinte orde:

– Presentación do Festival e dos grupos.

– Entrega de obsequios a cargo do Concelleiro de Cultura Héitor Mera.

– Actuación do Grupo de Danzas Pais de San Roque. 

GRUPO 1: Muiñeira de Meira e Foliada das Rías Baixas. 

GRUPO 2: Muiñeira A Freixa e Muiñeira de Cabanas. 

GRUPO 3: Muiñeira das Milladas e Jota de Mazaricos.

– Actuación do Rancho Folclórico Esperança na Juventude de Nadadouro.

– Actuación da Agrupación Folclórica Os Ventos de Comesaña.

– Peche do IV Festival do Grupo de Danzas Pais de San Roque co sorteo duns agasallos doados por “Maxi Bebe” e “Agrofandi”.

18 de agosto de 2016 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.