publicidade hoxe

A Policía de Vilagarcía advirte de que a circulación de vehículos quedará totalmente interrompida no ramal despois do combate

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Con motivo da celebración do Combate Naval mañá pola noite, a Policía Local de Vilagarcía advirte á cidadanía dos cortes e fai recomendacións para esa xornada. A principal medida a ter en conta será o corte total da circulación rodada á altura dia rotonda do Ramal tan pronto remate o espectáculo pirotécnico (alrededor das 00:30 horas) e ata que as praias estean totalmente desaloxadas.

O tráfico cortarase na avenida Rosalía de Castro á altura do cruce de San José e en Juan Carlos I á altura do de Santa Lucía. A avenida da Mariña xa estará cortada previamente polos actos festivos e Rivero de Aguilar pecharase á altura dos minicines.

Esta medida, posta en marcha nos últimos anos, ten como obxectivo facilitar o desaloxo dos milleiros de persoas que acoden ás praias de Compostela e A Concha a presenciar o Combate Naval e a garantir a seguridade dos peóns que teñen que atravesar en masa estas vías para dirixirse ao centro da cidade onde contin´ñuan os actos festivos.

O tráfico restablecerase tan pronto como o tránsito masivo de xente teña rematado, aproximadamente media hora despois. Patrullas da Policía Nacional e Local encararanse de garantir a seguridade e tamén haberá efectivos de Emerxencias e Protección Civil colaborando.

A Policía recomenda ademais evitar desprazarse en coche polo centro da cidade o sábado a partir na noitiña. Ás persoas que veñan por estrada a Vilagarcía, aconséllase que utilicen os aparcamentos gratuíto habilitados polo Concello e que non accedan ao centro urbano. Estas zonas estarán señalizadas e sitúanse na da Golpelleira no barrio da Torre (ao pasar a estación de autobuses), a Escardia e Vila Janer, a Praza da Estación de Renfe, A Finca Douro, na avenida da Mariña (conm entrada polas Carolinas), os aparcamentos dianteiro e traseiro de Fexdega, e os párkins públicos dos supermercados das Carolinas.

O tráfico de tránsito deberá evitar entrar en Vilagarcía e usar as circunvalacións.

19 de agosto de 2016 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.