publicidade hoxe

A Aula Cemit de Tomiño retoma o horario de tarde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+

A Aula Cemit de Tomiño, cita no Campo da Feira, abrirá no mes de setembro as súas portasen horario de tarde, co fin de que as persoas que estean preparando exames poidan utilizala para estudar.

Destexeito, e mantendo 25 horas de apertura semanal, a partir do día 13 de setembro, o horario será o seguinte: de luns a venres de 9:30 a 14:00 horas; e ademáis martes e xoves de 19:15 a 20:30 horas.

Do mesmo xeito, reanúdanseas actividades que forman parte da programación habitual da aula, coma os cursos de alfabetización dixital, ou o curso organizado entre o Concello, a asociación Vontade e o Centro de Día, no que un grupo de 25 persoas maiores está aprendendo a utilizar o ordenador.

Ademais, nos próximos meses volverase a realizar a convocatoria para a obtención do Certificado en Competencias Dixitais “CODIX”, e organizaranse actividades formativas gratuítas de moi diferentes tipos, relacionadas por exemplo, co deseño gráfico, a edición de fotografías, a procura de emprego, etcétera.

Durante os meses de verán, realizouse un curso sobre o uso correcto das redes sociais, ademais de colaborar coa Asociación San Roquiño de Goián mediante actividades relacionadas ca edición de vídeo.

30 de agosto de 2016 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.