publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

36 Trofeo Festas do Cristo de Vela Lixeira en Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasDeportesDeportes Portada
A-
A+

O 36 Trofeo Festas do Cristo de Vela Lixeira inscríbese dentro da programación deportiva ao interno das grandes Festas do Cristo 2016, sendo un referente a nivel náutico e un dos eventos máis famosos e recoñecidos da nosa contorna.

Desenvolverase os días 20 e 21 de agosto na fronte marítima de Cangas, en horario de 14:00 a 20:00 horas o sábado e de 11:30 a 17:00 horas o domingo. A mañá do primeiro día está reservada para o rexistro de participantes e a entrega de premios será o domingo sobre as 17:30 horas.

Participarán ao redor de 140 deportistas nas categorías Vaurien, Optimist e 420. Vaurien puntúa a nivel galego e en Optimist contaremos con membros da selección autonómica de vela. Ademais, o evento contará con importantes regatistas a nivel nacional, como é o caso da campioa do mundo Alejandra Suárez.

Con este torneo, o R.C. Náutico Rodeira pecha un ano cargado de eventos, demostrando unha vez máis o esforzo e implicación do club co deporte.

Dende a Fundación Cangas Deporte e a Concellaría de Deportes do Concello de Cangas agradecen o esforzo do Náutico Rodeira para poñer en valor o deporte náutico, levando a cabo unha importante labor de formación e promoción.

17 de agosto de 2016 | 10:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.