publicidade hoxe

Rueda avoga pola formación continua dos profesionais da xustiza e da seguridade no marco da reforma penal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Estrada
A-
A+

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, avogou hoxe pola importancia da formación continua na traxectoria profesional dos axentes e corpos, tanto da seguridade coma da Xustiza no marco da reforma do proceso penal.

Alfonso Rueda participou hoxe na clausura das xornadas sobre a reforma do proceso penal que tiveron lugar na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP); xunto coa subsecretaria de Xustiza, Áurea Roldán; o presidente da Audiencia Nacional, José Ramón Navarro; o fiscal xefe da Audiencia Nacional, Javier Zaragoza; o vicepresidente do Tribunal Supremo, Ángel Juanes; o alcalde do Concello, José López e o director xeral de Emerxencias, Luis Menor.

As xornadas sobre a reforma do proceso penal fixeron posible o análise, a formación e a información sobre o actual escenario do proceso penal despois dos importantes cambios producidos o pasado ano e que aínda teñen consecuencias hoxe en día. O prazo xeral de instrución dos seis meses e a eventualidade de solicitar a súa prórroga a través da declaración de complexidade do mesmo son algúns dos máis novos cambios que inclúe a reforma penal.

A Xunta está totalmente comprometida coa Administración da Xustiza, incrementando ano a ano o investimento en materia xudicial, tanto no que se refire a infraestruturas xudiciais, coma ao referente á modernización tecnolóxica, grazas ao Plan Senda.

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) é un referente na formación dos axentes das forzas e corpos de seguridade e estase convertendo nun centro de formación aberto, de encontro e desenvolvemento no que se potencie a relación entre institucións e profesionais, como sucede nestas xornadas, dando resposta rápida e eficaz ás demandas de formación de máis colectivos.

13 de xullo de 2016 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.