publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O DOG publica a licitación das obras de mellora na estrada LU-124 entre Lindín e Cruz da Cancela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoMondoñedo
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a licitación das obras de mellora na estrada LU-124, no treito entre Lindín (A-8) e Cruz da Cancela (LU-122). As obras, suporán un investimento de preto de 1.700.000 euros e o prazo para o remate de propostas rematará o vindeiro día 17 de agosto. Para consultar mais información relativa a licitación pódese ver no seguinte enlace que publica hoxe o DOG.

A xustificación da urxencia de ocupación dos bens e dereitos precisos para a execución desta actuación vén motivada porque a vía obxecto do proxecto é unha vía de acceso importante desde a A-8 cara aos municipios da Pontenova, Riotorto e A Pastoriza; así mesmo, supón unha mellora da seguridade viaria no citado treito da estrada LU-124.

Cómpre lembrar que no mes de abril publicábase no DOG o anuncio polo que se sometía ao trámite de información pública este proxecto. Posteriormente, asínase a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción.

As obras teñen por obxecto mellorar a seguridade viaria da estrada que dá acceso á Autovía do Cantábrico cos municipios da Pontenova, Riotorto e A Pastoriza e contarán cun prazo de execución de 18 meses dende o seu inicio.

As actuacións previstas inclúen a ampliación da calzada, a execución dunha nova drenaxe transversal e lonxitudinal, a disposición dunha nova capa de rodadura e sinalización horizontal, vertical, balizamento e defensas, ademais de todas as obras complementarias para a ampliación do largo da vía.

As obras levaranse a cabo entre os puntos quilométricos 9+465 (enlace coa autovía) e 15+294 (glorieta existente na intersección coa LU-122, limítrofe co Concello de Riotorto). Realizaranse con criterios semellantes aos adoptados na mellora realizada en 2015 no tramo comprendido entre o núcleo de Mondoñedo e o enlace de Lindín desta vía, na cal a Xunta investiu máis de 700.000 euros.

20 de xullo de 2016 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.