publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O DOG publica a aprobación do cambio de titularidade de varios treitos de estradas autonómicas a prol do concello de Malpica de Bergantiños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaMalpica de Bergantiños
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación do cambio de titularidade de varios treitos da Rede Autonómica de Estradas de Galicia a prol do Concello de Malpica de Bergantiños.

Ao abeiro das previsións legais, a Área de Planificación e Programación da Axencia Galega de Infraestruturas informou favorablemente o cambio de titularidade:

• De tres treitos da estrada AC-414, situados entre:
- p.q. 7+180 e 9+190, cunha lonxitude de 2,01 km.
- p.q. 11+220 e 12+390, cunha lonxitude de 1,17 km.
- p.q. 13+490 e 14+730, cunha lonxitude de 1,24 km.

• Do treito da estrada AC-422 situado entre os p.q. 0+000 e 0+840, cunha lonxitude de 0,84 km.

• Dun resto antigo, situado entre o p.q. 1+610 da AC-422 e o 1+930 da AC-419, cunha lonxitude de 0,50 km.

• Dos elementos auxiliares da estrada AC-418 (zona delimitada entre a liña exterior de delimitación da calzada e o límite do dominio público), situados entre os p.q. 15+120 e 16+350.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda ten entre as súas funcións a tramitación dos cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da Comunidade Autónoma e das entidades locais así como de elementos funcionais e espazos da zona de dominio público adxacente.

Este cambio de titularidade tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que establece que deberá ser aprobado por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

O cambio de titularidade será efectivo ao día seguinte da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Corresponderanlle ao Concello de Malpica de Bergantiños, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular das estradas.

19 de xullo de 2016 | 16:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.