publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Dous operarios feridos en senllos accidentes laborais en Vigo e Salceda de Caselas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalceda de CaselasSucesosVigo
A-
A+
Europa Press

Dous operarios resultaron feridos este venres en senllos accidentes laborais acontecidos nas localidades pontevedresas de Vigo e de Salceda de Caselas.

Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o primeiro dos sucesos aconteceu sobre as 10,00 horas na rúa Romil, en Vigo, cando un operario se precipitou dende unha altura duns tres metros cando se dispoñía a realizar o seu traballo.

Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Nacional e Local, así como membros de Protección Civil.

Por outra banda, uns 10 minutos máis tarde, o 112 recibía o aviso dun particular que informaba doutro accidente laboral nunha canteira situada no concello de Salceda de Caselas.

O alertante indicou que a un operario lle caera unha pedra enriba, aínda que non estaba atrapado. Ata a zona foron mobilizados técnicos sanitarios e persoal da Guardia Civil.

29 de xullo de 2016 | 16:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.