publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Comezan as obras de rehabilitación do firme na estrada OU-903

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA TeixeiraCastro CaldelasOurense
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda inicia hoxe as obras de rehabilitación localizada de firme na estrada Monforte -límite de provincia- Castro Caldelas (OU-903), nun treito de case 10 km ao seu paso polos concellos da Teixeira e Castro Caldelas.

Estas actuacións contan cun orzamento de preto de 100.000 euros que serán achegados polo Goberno galego.

Os traballos centraranse na realización de fresados e reparacións puntuais, naqueles tramos que o precisen, mediante o contrato de conservación integral.

Dende a Xunta explícase que estas obras prográmanse neste mes porque por esta estrada pasará a Volta Ciclista.

Estas actuacións son froito da aposta da Xunta por reforzar a seguridade viaria e por manter en bo estado de conservación as estradas autonómicas. Así, os traballos enmárcanse no Plan de Reforzos de Firme que se está a desenvolver no Goberno galego, un plan que recolle investimentos este ano de máis de 23 millóns de euros e do que xa se licitou o 90 % dos quilómetros nos que se van actuar, case 600.

19 de xullo de 2016 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.