publicidade hoxe

Un home ferido en Ponteareas ao estalar unha roda tras incendiarse o camión que conducía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPonteareasSucesos
A-
A+
Europa Press

O condutor dun camión cargado de téxtil resultou ferido durante a madrugada deste martes ao estalarlle unha roda na cara despois de que se incendiase o vehículo que conducía en Ponteareas (Pontevedra).

Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 1.00 horas da madrugada deste martes no quilómetro 292 da autovía A-52, nunha área de servizo.

Foi o condutor o que chamou para pedir axuda, informando de que o vehículo comezara a arder mentres circulaba tras bloquearse unha roda que, tras parar na área de servizo, rebentara e produciulle feridas na cara.

Até o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, Policía Local, Protección Civil e Bombeiros de Ponteareas, así como persoal do servizo contra incendios forestais, ante o temor de que o lume afectase a un monte próximo. Tras extinguir as chamas, despois de sete horas, os efectivos confirmaron que o vehículo ardeu por completo. A vítima foi trasladada polo 061 até un centro hospitalario.

28 de xuño de 2016 | 10:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.