publicidade hoxe

Ribas de Sil celebra a XIV Festa da Cereixa e do Aceite con 2.000 quilos de froitos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoRibas de Sil
A-
A+
Presentación da XIV Festa da Cereixa e do Aceite

Presentación da XIV Festa da Cereixa e do Aceite

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Alcalde de Ribas de Sil, Miguel Ángel Sotuela Vega, e o produtor local Miguel Ángel Rodríguez, presentaron este venres no Pazo de San Marcos a XIV Festa da Cereixa e do Aceite, que terá lugar esta fin de semana en dito municipio. Campos Conde destacou que o organismo provincial achega á celebración desta cita 3.000 euros, “a mesma cantidade que decidimos aportar a todas as iniciativas desta índole nos Concellos lugueses coas que colaboramos para impulsar os produtos autóctonos, o comercio local, o turismo, o desenvolvemento local e, en definitiva, para pór en valor o mellor de cada un dos municipios da provincia”.

O Alcalde subliñou que “debemos seguir promocionando o noso produto autóctono: a cereixa de Ribas de Sil, que é única e inconfundible. Esta festa é unha oportunidade única para achegarse á Comarca do Sur e coñecer Ribas do Sil”. Por iso, convidou a todos os interesados a acudir a unha festa que “conxuga natureza, paisaxe, gastronomía e actividades lúdico-festivas que celebraremos durante toda a fin de semana.

Miguel Ángel Rodríguez González agradeceu o traballo que realizan Concello de Ribas do Sil e Deputación de Lugo para promocionar esta cita. “Cada ano traballamos para ofrecer un produto de primeira calidade a prezos asequibles”, apuntou.

Na praia fluvial de San Clodio

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio. Participarán 30 expositores (produtores e artesáns), que porán a venda preto de 2.000 quilos de cereixas, 200 litros de aceite, así como produtos típicos da comarca, como mel, licores, queixos ou pezas artesanais. O quilo de cereixas oscilará entre os 2 e 4 euros; e o litro de aceite a uns 14 euros.

Pregón do Presidente da FEGMAP

O sábado, día 11, na Aula de Pesca, haberá exposición de pinturas e unha xornada de pintura ao aire libre. Ás 19:30 horas, disputarase o VIII Trofeo da Cereixa, e ás 21:00 horas terá lugar o pregón, que esta ano corre a cargo do Presidente da FEGAMP e Alcalde de o Barco de Valdeorras, Alfredo García. O domingo, día 12, haberá pasarrúas, grupos de gaitas, charangas e actividades para os máis novos con xoguetes artesáns e títeres.

10 de xuño de 2016 | 19:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.