publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Raquel Arias destaca en Xove que a vontade da Xunta é colaborar cos concellos na mellora dos servizos e instalacións públicas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, analizou hoxe co alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, os pormenores das obras de acondicionamento e mellora da seguridade nas gradas da piscina municipal que se acometerán a cargo da Orde da Xunta pola que se convocan axudas aos concellos para creación ou mellora de Infraestruturas de uso público. No encontro tamén participaron representantes do Club de natación e da Asociación cultural e deportiva de Xove.

Arias salientou que mellorar as instalacións e os servizos públicos “sen que supoña unha carga para as administracións locais” é o obxectivo da ducia de obras que vai a executar a Xunta por medio desta orde da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza noutros tantos concellos da comarca da Mariña. Entre eles está o de Xove, no que a actuación suporá un investimento de máis de 46.000 euros.

As axudas concedidas teñen por obxecto financiar infraestruturas que beneficien directamente aos veciños que van dende a optimización enerxética das redes de iluminación pública; á ampliación, rehabilitación ou mellora de dependencias deportivas ou culturais ou á pavimentación de camiños. “Que contribúan a garantir o equilibrio territorial e que todos os galegos teña unhas óptimas condicións de vida e uns servizos axeitados con independencia do lugar onde residan”, explicou Arias.

A execución destes proxectos conta co cofinanciamento do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), a través dos fondos incluídos no Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020. As axudas económicas concedidas financian o 80% do orzamento da obra ou equipamento que se vai realizar, co límite de 40.000 euros para as solicitudes individuais de concellos e 50.000 euros para as solicitudes formuladas conxuntamente por varios concellos.

Así, en Barreiros reurbanizarase o contorno do teleclube en San Cosme; en Burela procederase á reposición de pavimento e substitución de xogos infantís; en Cervo pavimentaranse os accesos ao polideportivo de Rúa; e en Foz reformarase o alumeado público no paseo da Ribeira.
Ademais, está previsto facer melloras no pavillón polideportivo municipal de Lourenzá; reforzar a rede de saneamento e o pavimento na rúa Alza-Cemiterio en Ribadeo; facer melloras nas casas do Concello de Trabada e Mondoñedo; equipar o parque infantil existente na piscina municipal do Valadouro; Acondicionar a estrada de acceso a Moreiras no Vicedo e pavimentar o vial do cemiterio de Celeiro-Viveiro.

Polo que respecta á Orde de compensación ambiental, dependente tamén da consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, executaranse cinco actuacións máis, tres delas solicitadas de xeito conxunto.

Ademais do saneamento no Castro-Igrexa (Castelo), en Cervo, e o mantemento de espazos naturais do concello de Foz, así como nos concellos de Lourenzá e Trabada, mellorarase a recollida selectiva de lixo nos concellos que conforman a Mancomunidade de Concellos da Mariña Luguesa e sufragaranse os gastos do punto limpo ubicado no Valadouro e que comparten este concello e o de Alfoz. En total, as 17 intervencións suporán un investimento global de 848.197 euros.

7 de xuño de 2016 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.