publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Ponte Caldelas recibe 122.000 euros do Plan Concellos para realizar melloras na pavimentación do rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte CaldelasPontevedra
A-
A+

A Xunta de Goberno vén de aprobar unha nova axuda do Plan Concellos 2016 a Ponte Caldelas. Nesta ocasión, foron 122.463,41 € que destinará a unha mellora na pavimentación dos núcleos rurais do concello, dentro da liña 1 desta iniciativa, dedicada a investimentos.

Ademais desta cantidade, o Plan Concellos 2016 xa adxudicou anteriormente varias axudas para o concello da comarca de Pontevedra. En concreto,7.996,51 € na liña 1 para a elaboración dun anteproxecto de eficiencia enerxética no alumeado público, concretamente no paseo da Calzada, 17.669 € destinados ao pagamento de gastos correntes (liña 2), outros 18.613,45 € na liña 3 para sufragar unha actuación das Festas das Dores e, por último, 110.106,08 € destinados á contratación de 14 traballadoras e traballadores que están a desempeñar funcións no concello, dentro da liña 4 destinado ao emprego.

Nesta primeira fase do exercicio, xa foron investidos na vila 276.878,45 euros, un investimento do 55,8% sobre o total adxudicado a Ponte Caldelas dentro do Plan Concellos 2016.

13 de xuño de 2016 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.