publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta demanda máis información sobre o futuro de Alcoa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervoLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, demandou este luns “máis información” sobre “o futuro de Alcoa” nas súas plantas da Coruña e San Cibrao, en Cervo (Lugo), ao tempo que recalcou que é necesario “mellorar” o funcionamento do mercado enerxético para “favorecer a súa competitividade”.

En declaracións aos medios tras reunirse co comité de empresa, Leiceaga recordou a “implicación pública permanente” en todo o relativo a Alcoa -unha empresa “cunha importancia decisiva” en Galicia- para xustificar a súa petición de información. Esta reclamación coincide coa expresada polos traballadores de que o proceso de venda por parte da multinacional das súas sedes en Galicia e Asturias se faga con “transparencia”.

“Non pode haber un veo de silencio que tape calquera tipo de elemento de coñecemento sobre o futuro da planta”, incidiu Leiceaga, antes de indicar que formulou ao comité de empresa que “sería interesante facer unha supervisión axeitada do que está a pasar”. E é que, segundo as palabras do socialista, “está en xogo” un volume moi importante de postos de traballo.

Dito isto, afondou nas dificultades que provoca as empresas o custo da enerxía en España. Por iso, “a curto prazo”, avogou por que as poxas de interrumpibilidade se garantan “co prazo máis longo posible”, de modo que permita “despexar o futuro da planta cun horizonte dilatado”.

“FAVORECER A COMPETITIVIDADE”

“E de cara ao futuro, hai que discutir como mellorar o funcionamento do mercado enerxético”, razoou o economista do PSdeG, consciente da importancia de “favorecer a competitividade” da industria.

Adicionalmente, expresou a súa concordancia coa petición do comité de empresa de que se garanta a unidade do complexo de Alcoa e o seu funcionamento de xeito integrado. Pola contra, advertiu, perderíanse sinerxías importantes” e aumentaríanse os custos”, de modo que “se debilitaría o futuro”.

6 de xuño de 2016 | 16:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.