publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Ana Pastor traslada aos maquinistas de Renfe que o Goberno continúa coa man tendida

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSanxenxo
A-
A+
Europa Press

A ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, trasladou o sindicato de maquinistas Semaf que o Goberno “segue coa man tendida”, aínda que lle recordou que o servizo ferroviario é “clave” para “tódolos cidadáns”. “A min gustaríame chamar os sindicatos, aos maquinistas, a que reflexionen sobre que o servizo ferroviario, o tren, é algo que utilizan todas as persoas cando se levantan, cando van ao seu traballo e cando volven á súa casa”, relatou.

Tras participar nun acto de campaña en Sanxenxo (Pontevedra) xunto á ministra en funcións de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, asegurou que hoxe en día hai máis prazas de maquinistas” das que houbo “en ningunha Oferta de Emprego Público” dende “hai máis de 20 anos. “Vanse incorporar novos maquinistas e, dende logo, nós imos seguir traballando pola mellora permanente do sector ferroviario”, aseverou.

Non obstante, este mesmo luns o sindicato de maquinistas Semaf anunciou que non descarta convocar novas xornadas de folga en Renfe se a compañía ferroviaria non os empraza a novas reunións e se logran acordos sobre as súas reivindicacións.

Deste modo, os eventuais novos paros fixaríanse máis alá dos dous aínda previstos na actual convocatoria, os programados para este martes, 14 de xuño, e para o xoves día 16. Os maquinistas xa secundaron dúas xornadas de folga, a do pasado venres 10 e a deste domingo.

Pola súa banda, Ana Pastor fixo fincapé en que “millóns de persoas” elixen o tren “tódolos anos” en España. De feito, subliñou que “creceu muchísimo” o tráfico ferroviario e que, concretamente en Galicia, tres millóns e medio de galegos empregaron o Eixo Atlántico dende que se puxo en marcha en abril do ano pasado.

“Iso significa que a xente confía no tren, e eu pídolle a todos os profesionais do sector ferroviario que, por favor, axuden aos españois”, sinalou a ministra, xusto antes de mostrar o seu desexo por que as xornadas de folga non repercutan sobre os cidadáns.

BÁÑEZ AVALA A XESTIÓN DE PASTOR

“Puxemos o 70 por cento de servizos mínimos e gustaríame que cumpran con eles, porque están a xerar os cidadáns molestias que non terían que sufrir”, finalizou Ana Pastor, quen, deseguido, foi avalada pola titular de Emprego, Fátima Báñez, quen considera que a xestión da ministra de Fomento á fronte das infraestruturas é, e confía en que seguirá sendo, “unha grande oportunidade para o emprego, para os españois, para modernizar España e para conectala mellor”.

E é que considera que isto é “sempre” motivo de “nova inversión, nova riqueza, novos e mellores empregos”.

13 de xuño de 2016 | 16:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.