publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta abre ao tráfico a estrada OU-411 ao seu paso polo lugar da Pontella tras rematar as obras de mellora de seguridade viaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBandeOurense
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda abre hoxe ao tráfico a estrada OU-411, no lugar da Pontella ao seu paso polo Concello de Bande, despois de ter rematado as obras de mellora de seguridade viaria. O Goberno galego, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), financiou este proxecto mediante a achega económica de case 43.000 euros.

Estas actuacións leváronse a cabo no punto quilométrico 0+510 da citada estrada autonómica ao seu paso polo Concello de Bande. Trátase dunha ponte estreita que foi ampliada por medio dunha lousa prefabricada ancorada nunha cementación executada no recheo da pontella, de xeito que agora conte cunha beirarrúa de 2 metros e dous carrís de circulación de 3 m, separados por unha barreira metálica.

A execución das obras precisou do corte total da estrada, polo que se estableceu un desvío alternativo debidamente sinalizado.

A Consellería de Infraestruturas continúa a traballar na conservación e mellora da rede viaria autonómica coa fin de incrementar a seguridade dos cidadáns e proporcionar unhas estradas cómodas e eficientes, ao mesmo tempo que se potencia o desenvolvemento económico e social dos concellos galegos.

23 de xuño de 2016 | 12:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.