publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación da Coruña colabora no mantemento do centro ocupacional “A Escada” de Culleredo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCulleredo
A-
A+

A deputada da área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade, Ánxela Franco, asinou un convenio co alcalde do Concello de Culleredo, Julio Sacristán, polo que se compromete a colaborar no mantemento do centro ocupacional “A Escada” con 70.000 €.

Co fin de contribuír ao financiamento do Centro ocupacional “A Escada” , a área de Benestar Social da Deputación da Coruña contribuirá con 70.000 euros, o 50,68% do orzamento. O convenio, que asinou a deputada da área, Ánxela Franco e o alcalde do Concello de Culleredo, Julio Sacristán, contempla tamén a reserva de cinco prazas no centro ocupacional para persas usuarias procedentes dos diferentes concellos da área metropolitana da Coruña: Oleiros, Sada, A Coruña, Bergondo, Betanzos, Abegondo, Cambre, Carral, Arteixo e Cerceda.

O centro “A Escada” está aberto desde o ano 1991 e ten carácter formativo e prelaboral para persoas adultas con discapacidade intelectual media para as que se contempla o fomento de habilidades laborais, de terapia ocupacional e de axuste persoal. Oriéntase ao emprego no mercado laboral e, de maneira especial, en empresas protexidas como Centros Especiais de Emprego. No centro foméntanse tamén actividades convivenciais que favorecen a socialización das persoas con discapacidade intelectual no seu medio, coa participación tamén das súas familias.

6 de xuño de 2016 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.