publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Consellería do Mar investirá 36.000 euros na mellora dos espazos portuarios en Vilaboa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilaboa
A-
A+

A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, investirá un total de máis de 36.000 euros na mellora dos espazos portuarios do municipio pontevedrés de Vilaboa. Así o comunicou esta mañá o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita aos dous portos da localidade: San Adrián e Santa Cristina de Cobres.

Durán Hermida comprobou en primeiro lugar os traballos que veñen de dar comezo en San Adrián de Cobres para a repavimentación da explanada portuaria. Nesta zona, o pavimento presentaba afundimentos que se están a reparar para mellorar as condicións de circulación dos vehículos que operan no porto.

Ademais, co obxecto de mellorar a seguridade vial e ordenar a explanada portuaria, o ente público levará a cabo o pintado da sinalización horizontal do vial e dos estacionamentos, tamén en San Adrián. Ambas actuacións contarán cun investimento de máis de 12.000 euros e atópanse xa en execución.

Posteriormente, José Juan Durán trasladouse ao peirao de Santa Cristina de Cobres para comprobar os traballos que xa ten rematado o seu departamento nesta zona. En concreto, véñense de executar diversas tarefas de mantemento dos pantaláns pesqueiros, para dar resposta ás necesidades dos profesionais da zona. Neste mesmo sentido, o presidente de Portos anunciou que proximamente darán comezo tamén as obras de reparación da cuberta da lonxa vella, uns traballos solicitados pola confraría de pescadores ao ente público. En total ambas actuacións contarán cun investimento de preto de 25.000 euros.

3 de xuño de 2016 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.