publicidade hoxe

Trinta detidos en varias localidades nunha operación en centros de minaría Bitcoin en Europa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugo
A-
A+
Europa Press

A Policía Nacional realizou unha das máis importantes intervencións de centros de minaría da moeda virtual Bitcoin, no marco dunha operación contra a distribución ilícita de contidos de televisión de pagamento mediante cardsharing e IPTV.

Na operación detívose 30 persoas en Córdoba, Málaga, Valencia, Barcelona, Madrid, Palma de Mallorca e Lugo. Segundo informou a Policía Nacional, trátase dunha operación realizada xunto á Axencia Tributaria, que contou na fase final coa colaboración de Europol e Eurojust.

Os responsables da investigación da UDEV Central da Comisaría Xeral de Policía Xudicial, da Axencia Tributaria e o xefe da Unidade de Crime organizado de Europol ofrecerán detalles da operación aos medios de comunicación no Complexo Policial de Canelas (Madrid) ás 11.30 horas.

25 de maio de 2016 | 10:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.