publicidade hoxe

O goberno provincial aproba máis de 450.000 euros en achegas para catro concellos pontevedreses

A Xunta de goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar cinco novas axudas a catro concellos da provincia ao abeiro da liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016. A contía total ascende a 456.708,97 €, con destino aos concellos da Illa de Arousa, Sanxexo, Fornelos de Montes e A Cañiza.

Así, A Illa de Arousa recibirá 162.803,99 € para o financiamento de obras de pavimentación e recuperación; con esta última achega a Deputación entrega o 65,91 % do total destinado a vila no marco do plan. Pola súa banda, entregaranse 156.778,13 € a A Cañiza para diversas actuacións nunha rúa do concello, o que representa un investimento do 95,68 % do total adxudicado.

Amais, Fornelos beneficiarase dunha axuda de 76.662,32 € para a pavimentación e o ensanche de camiños en distintos puntos do concello, acadando o 85,5 % do presuposto máximo destinado a vila. Por último, a Deputación outorgará 60.464,53 € a Sanxenxo para obras de acondicionamento, o que supón unha achega do 46,29 %.

Nos primeiros meses do ano a Deputación leva investidos 8.524.751,27 € nos concellos da provincial ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos 2016, o que supón un grado de execución da mesma dun 36,53 %. Amais, os 47 millóns de euros dos que dispón o plan serán transferidos na súa totalidade antes do verán.

27 de maio de 2016 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.