publicidade hoxe

A Consellería do Mar mellora as condicións de traballo na zona de descarga do peirao do Vicedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Vicedo
A-
A+

A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, vén de mellorar as condicións de traballo para os profesionais do mar na zona de descarga do peirao do municipio lucense do Vicedo. O presidente do ente público constatou a finalización dos traballos executados nas pasadas semanas polo seu departamento.

A actuación consistiu na repavimentación de formigón na zona de descarga de mercadorías e no dique interior para reforzar a súa estabilidade e seguridade. En concreto, na zona de descarga reparáronse as fendas existentes que dificultaban o traballo da maquinaria de descarga e transporte.

Ademais dotouse a zona de sinalización horizontal en materia de prevención de riscos e parcelas para espazos reservados e colocouse unha ringleira de pedras de porte superior a 3 toneladas na cabeza do dique da dársena interior, reforzando o seu asentamento. En total, a actuación contou cun investimento de máis de 17.500 euros e a súa entrada en servizo reducirá os riscos en materia de seguridade laboral para os usuarios deste peirao.

27 de maio de 2016 | 10:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.