publicidade hoxe

O DOG publica as listaxes de subvencións a entidades deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a Resolución coas listaxes definitivas de subvencións a entidades deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte.

Estas subvencións foron convocadas pola Resolución do 5 de novembro de 2015 para clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas.

En total, concedéronse axudas por importe de 1.970.000 euros (70.000 euros máis que na anterior convocatoria), destinándose 1.850.000 euros aos clubs e sociedades anónimas deportivas e 120.000 euros ás agrupacións deportivas escolares coorganizadoras da campaña do deporte escolar da Secretaría Xeral para o Deporte.

En relación ao número de beneficiarios, no que respecta aos clubs e sociedades anónimas deportivas, valoráronse un total de 1539 solicitudes, resultado beneficiarias 1204, o que supón 113 solicitudes beneficiarias máis que na anterior convocatoria. Ao respecto das agrupacións deportivas escolares, resultaron beneficiarias as 26 entidades solicitantes.

Os beneficiarios dispoñen de prazo para solicitar o cobro e xustificar a subvención, dende mañá xoves 21 de abril, ata o venres 20 de maio de 2016.

20 de abril de 2016 | 17:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.