publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un cruceiro conmemora o 70 aniversario de Arcos da Condesa como entidade local menor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de ReisLocal PortadaPontevedra
A-
A+
Instalación do cruceiro

Instalación do cruceiro

A Deputación de Pontevedra, a través da Escola de Cantería, instalou esta semana un cruceiro conmemorativo do 70 aniversario de Arcos da Condesa como entidade local menor. O cruceiro, que foi solicitado polo Concello de Caldas de Reis, foi elaborado nas instalacións da Escola polo seu alumnado, durante seis meses, e xa está situado na praza do 70 aniversario de Arcos da Condesa.

O cruceiro que realizou a Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra mide aproximadamente 5 metros de altura e ten un peso de 1.800 quilogramos. Está situado sobre unha plataforma cadrada e conta cun dado no que está inscrito “Praza do 70 aniversario. E. L. M. Arcos da Condesa. 1946-2016″. A cruz mostra o descendemento de Cristo e unha imaxe da Piedade en vertical, seguindo o estilo de Miguel Ángel.

A través deste cruceiro a Deputación de Pontevedra quere manter o recordo no tempo do 70 aniversario da declaración de Arcos da Condesa como entidade local menor no ano 1946.

17 de marzo de 2016 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.